CAST / GAL

UNHA VIDA SEN SENTIDO
MANEL, 63, ORTIGUEIRA

Unha vida enteira na procura dunha explicación á miña existencia, anos sen atopar unha resposta ó feito de vagar sen rumbo porque non era quen de achar o camiño que me habería de axudar a saír do labirinto no que me guindaran ó nacer.
Hoxe descubrín a resposta cando me acheguei até o cemiterio para me despedir de ti: eras ti, sempre ó meu lado e eu sen te sentir, tan só ti, a miña luz na néboa, a que me facía sinais ó final do camiño, a que tiña todas as solucións mentres eu ollaba perdido noutras ignotas direccións.
Compartir: