CAST / GAL

Afouteza
Reyes, 24, O Milladoiro (Ames)

Din que cando pasa o sol pola porta pouco día queda, pero eu non estou de acordo con iso.
A vida sorpréndenos en calquera intre, envólvenos coa súa aparencia inofensiva e arrástranos ata as profundidades.
A vida sempre nos lembra que nunca é tarde para experimentar, para aprender, para medrar, para gañar ou para perder. E que, en definitiva, endexamais anoitece cando o que desexamos é descubrir, porque só ese verbo é o verdadeiro motor que nos fai sentir vivos.
Compartir: