CAST / GAL

Triunfo
Josín, 59, Lugo

Acababan de pronunciar o meu nome e o auditorio, cheo a rebentar e posto en pé aplaudían coma se non houbese un mañá; por fín chegara a cima da miña carreira. Puxeme en pé e fixen una reverencia ó maravilloso público, que menos, dirixinme ó atril moi amodiño, para poder saborear o momento, en certo modo non quería chegar, cando cheguei e a miña compañeira estaba a punto de entregarme o cabezón, sonou o despertador e a miña ben ganada fama, esfumouseme entre os dedos. Que pena......
Compartir: