CAST / GAL

Só sei que...
Xiao, 19, O Carballiño

Non sei o que sinto por ti.

Só sei que cando te vexo os meus ollos fanse pequeniños e a miña boca estírase de forma alongada,
que cando estou contigo o meu corpo síntese como na casa,
que cando empezas a bicarme non quero que remate,
que cando me das unha aperta pecho os ollos pensando no ben que me sinto,
que cando estamos tumbados na cama abrazados penso no ben que encaixamos,
que cando te lembro os meus ollos rin.

Que ao mellor si que sei o que sinto por ti,
que te quero.
Compartir: