CAST / GAL

E o fume espallouse
Canibelas, 58, TOMIÑO

Seguín baixando cara ao val; crucei o regato e subín de novo o outeiro.
Nada. Todo era unha perfecta combinación de verdes misturados con algún ocre e pinceladas amarelas en perfecta sincronía.
Dende o miradoiro, ata onde alcanzaba a miña vista, nada, nin o menor indicio.
O meu soño cumpriuse. A pesares da calor sufocante na miña habitación, non sei como, resistinme a espertar; tiña que conservar aquela imaxe o maior tempo posible.
Un verán máis en que o monte non ardera.
Compartir: