CAST / GAL

Solpor de abril
Jesús Lema, 21, Porto do Son, A Coruña

Soñei o peso do teu corpo na cama ao meu carón, soñei a túa pel e a nosa xuventude.

Sento no xardín ollando as roseiras que prantara para ti cando ainda non furgaba a prata da idade as nosas engurras. Este solpor de abril... Marchastes. E o mundo segue a ser fermoso ainda cando xa non podes velo comigo, mais non temas, observarei no teu lugar ás roseiras florescer. Que cruel o amor, que a quen o gaña xa só lle queda o perdelo. Tristemente doce o amor arrebatado, que me agasalla estes soños contigo.
Compartir: