CAST / GAL

Grazas
Marcos T.M., 45, Ourense

—Ola, Henrique, boas noites!
—Ola, papá! Es ti? Estou soñando?
—Son eu, non me ves?
—Claro que te vexo, pero hai 15 anos que nos deixaches.
—Seino, non quería, o destino fixo que a enfermidade me matase.
—E por que vés agora?
—A darche as grazas.
—E logo? Non fixen nada fóra do normal.
—Si fixeches, coidar de mamá, sen ti xa estaría comigo.

E con isto espertou repentinamente sen sacar da cabeza unha canción:

"Y se van, y se van, y se van, ¿qué hacer cuándo los sueños se van?"
Compartir: