CAST / GAL

¡Querido diario!
Vane, 41, Vigo

Hoxe fomos a Cíes co instituto. Sentei ao carón de Uxía no barco e as ondas batían nel producindo unha sensación de frescor moi agradable. Mirámonos e rimos.
Roi caeu nun toxo, que ben lle estivo por facerse o interesante! E ela pasou del.
Estaba durmida cando unhas pingas de auga me mollaron a espalda. Burlona escapou correndo. A area era moi fina e branca, acabamos na auga conxelada pero non me importou. O saír, teño que dicir que o vento soplaba moi forte e comencei a tiritar, ela arroupoume coa súa toalla, estaba no ceo?

Carmen 7/6/23
Compartir: