He participado en #GadisMicrorrelatos | Microrrelatos Gadis
CAST / GAL

Memento, 47, Mondego

O ENCONTRO
Cando te miro non se detén o Tempo, para que poida desfrutar de ti.
Cando falas, o balbordo que te rodea atrona e teño que esforzarme para te escoitar pois estar embelesado tamén tén as súas eivas... E penso no Tempo.
Cando choras, a túa tristura fáise miña, que non choro, porque gustaríame vela fuxir... E
penso no Tempo e en cando falas.
De súpeto, reparo en que nada é certo... e penso no Tempo, en cando falas, en cando choras e en se serei quen de recoñecerte... cando esperte, cando te encontre.
Compartir: