CAST / GAL

Cada noite
Ana, 55, Vigo

Recollo os teus bicos alá por onde os vas deixando.
Unhas veces esquecidos, outras porque che saen voando.

Recollo os teus bicos sen esperar nada a cambio.
Vounos xuntando para logo darchos.

Recollo os teus bicos para que non se che acaben.
Para que poidas esquecelos.
Para que os deixes saír voando.
Para logo eu soñar con apañalos.
Compartir: