CAST / GAL

FOGOS DE ARTIFICIO
Irene Adler, 50, Vilagarcía de Arousa

Aniñouse na cama e subiu a manta ata o queixo. Tiña a intención de quedar durmida canto antes co obxectivo de esquivar a angustia que desde facía meses lle producía repasar o día a día.
Aferrouse a un dos recordos máis fermosos da súa vida: a primeira vez que levou ao seu fillo ás festas do pobo e contemplou a cara de asombro e admiración do cativo ao ver os fogos artificiais.
O bulicio da festa desapareceu e o estrondo das bombas dominouno todo. Nese momento espertou.
Os bombardeos volveran a Mariupol. O seu fillo sorríalle desde unha foto.
Compartir: