CAST / GAL

Último anhelo
ARQ91, 31, Ourense

Ao final dos seus días, Breogán tiña un pequeno anhelo, que era voltar a ver a súa terra, da cal se alonxou ao emigrar a Francia. Tiña moita morriña e desexaba voltar a ver as fragas, fervenzas, ríos e serras que deixara atrás. Padecía Alzheimer e era o seu único soño, antes de que se esvaeceran os seus recordos. A súa familia veu a recollelo para levalo a unha longa viaxe, cuxo destino descoñecía. Ao baixarse do coche, cal foi a súa sorpresa ao ver que estaba alí tras décadas no exilio. Emocionouse. Por fin estaba na súa amada Galicia.
Compartir: