CAST / GAL

Unha vez máis
Dalsy, 23, Ourense

Chámome Xian e teño oito anos. Mamá díxome hai pouco que o avó marchou moi lonxe para facer unha viaxe que ía durar moito tempo e que non o iamos ver máis. Pero o que mamá non sabe é, que moitas noites, cando pecho os ollos volvo a estar na casa do pobo onde sempre é vrao, cheira a mel e volvo a xogar co avó, unha vez máis.
Compartir: