CAST / GAL

Soño persistente
ISCO2454, 43, Ferrol

Era unha tarde de verán e balanceábao no bambán. El sorría, mais eu facíao aínda máis. Logo tomariamos un xeado para combatermos a calor.

Despois, á tardiña, fariámoslle a festa do seu dez aniversario. Era todo un home, como crecía!

Deume un bico ao tapalo pola noite. Que ledicia tiña ao saber que mañá, ao levantarmos, iamos á praia.

De súpeto, escoitei alguén dicir “esperta, esperta, que chegas tarde”.
—Con quen soñabas? Víache tan feliz que me daba pena espertarte —díxome miña muller.
-Co noso anxoliño, xa pasaron seis vagas daquela e o soño persiste —contesteille entre bágoas.
Compartir: