CAST / GAL

(Es)fumou
Noela, 20, Brión

Finalista

Severino está sentado nun penedo. Non sei se leva máis anos alí o penedo ou o Severino. É duro, o Severino, digo, e o penedo tamén. Viu moito, calou outro tanto. Tanto calou que xa non fala, igual ca o penedo. Só senta nel e acende un cigarro. Hai quen di que dorme, pero o Severino está esperto. Eu seino porque un día, cando aínda falaba, contoume que se dorme, soña, e se soña, o fume que inhalan os seus beizos enche os montes. Xa non podo soñar, me dixo, porque de todo co que soñaba só quedou o penedo.
Compartir: