CAST / GAL

Soño de Area e Mar
Bego, 55, Cambre, A Coruña

Os meus ollos comezaron a abrirse, e a través das pestanas coábase a luz que entraba pola xanela, o meu corpo comezou a espertar, pero ainda quedaba nel a caricia da fina area baixo os meus pés, a suave masaxe da escuma das ondas daquela praia tantas veces percorrida e a música nos meus oídos dese asubío da brisa acariciando a area que se erguía como un brazo saudándome; e ollando o horizonte, a resaca do mar debuxou un sorriso que fixo que os meus beizos copiasen esa silueta, e Eu espertei feliz.
Compartir: