CAST / GAL

Azucre nos ollos
Lavandeira, 32, A Estrada, Pontevedra

Soñei cun reloxo en conta regresiva que viraba o teu cabelo de nobeliño branco en mouro, as engurras do teu corpo nunha fina seda e as túas pernas de paxariño en fortes piares para sustentar todo o teu ser (e tamén o noso).
Soñeite xoven e forte: rindo nas foliadas, lambetando o azucre das rosquillas da feira que tanto che gusta mollar no leite.
- Eu xa vivín. Agora ti...

Entón entendín o que, caladiña e co azucre do amor nos ollos, soñaches sempre para nós: o doce e salgado dunha vida plena...e padal para saber degustar todos os sabores.
Compartir: