CAST / GAL

SOMOS INMORTAIS... MENTRES VIVIMOS
LEOPOLDO, 87, A CORUÑA

Isto, que semella unha “perogrullada”, imos clarexalo: Tentamos dicir que, mentres vivimos (de mortos xa non) temos metido tan adentro o sentido da inmortalidade que non semella tratarse de algo acadado ou aprendido, senón que é cousa nada con nós mesmos e que forma parte da nosa mesma esencia biolóxica, que nos fai dicir cousas tales como “xamais te hemos de esquecer”, ou “por sempre te hemos de lembrar”, que son expresións de eternidade e, mais ainda, que en todo canto facemos, comportámonos como se fosemos realmente inmortais. O que, para min, foi un auténtico DESCUBRIMENTO.
Compartir: