CAST / GAL

Un día soñei
Xoana Margolis, 36, Santiago de Compostela

Un día soñei que te bicaba.
Os meus beizos roubáronlle aos teus un canto á liberdade.
Un bico que abriu portas para que eu puidera deixar de saltar polas fiestras.
Ese bico derrubou os teus muros e permitiume ver a túa pel.
Soñei que todo o medo era aniquilado pola paixón e a certeza.
Neste universo de estrelas e mundos paralelos, os soños achéganme a ti.
No teu ollar evádome, atopo ríos, montañas, cantís. Son quen de sentir o mar no teu peito escoitando a oleaxe do teu corazón.
A nosa paz está neste soño. Non abras os ollos.
Compartir: