CAST / GAL

Pesadelo
Orión, 46, Sada

—Comandante, planeta ateigado de recursos, vida baseada no carbono, miles de millóns de seres. Comezamos aproximación?
—Verificando... Só unha especie poderíase considerar unha potencial ameaza. Os sistemas indican o colapso da súa civilización nun curto período de tempo. Non paga a pena o asalto nin as potenciais perdas dos nosos. Alixeiremos o proceso con algúns restos do cinto exterior. Pequenos, non queremos devastar o planeta.
—Traxectorias corrixidas. Impacto nuns tres ciclos do sistema solar, Comandante.

Unha suor fría faime espertar do maldito pesadelo recorrente mentres o teléfono treme cunha nova: achéganse tres cometas á Terra en rumbo de colisión...
Compartir: