CAST / GAL

A caixa
Dancing Queen, 14, Rianxo, A Coruña

—Estou na casa!
Catuxa calzou as pantuflas e correu escaleiras abaixo apresuradamente cando escoitou a voz de súa irmá na porta.
—Tráela? —Preguntou ilusionada.
A ledicia inundouna cando ela asentiu. Deixou a caixa de cartón na mesa da cociña e abriuna. Alí estaba: aquela pequena caixa de madeira que cambiaría a súa vida. Apresurouse a collela, pero Mariela parouna.
—Agarda, toleirona. —Tiña uns papeis na man—. As instruccións.
Botou uns interminables minutos lendo ata que dixo por fin:
—Vale, aquí di que só hai que deixala aberta ao carón da cama.
—E poderei soñar?
—E poderás soñar.
Compartir: