CAST / GAL

Deitada cada noite
Galega de Vigo, 44, Vigo

Na cama vive épicas batallas e historias de amor. É así cada noite desde que pode lembrar. Soña ás veces que é espectadora de grandes momentos históricos pasados ou futuros; outras, protagoniza pequenas historias de amor, amizade, cooperación, de unidade e de metas compartidas. Pero entre todos, lembra especialmente un que tivo cando aínda non fixera a comuñón: estaba -no soño- guiando un grupo de nenas e nenos por un carreiro no campo, explicándolles a importancia de coidar e respectar a contorna.
Nunca o esqueceu porque agora é a enxeñeira forestal que forma menores nos coidados que precisa o monte.
Compartir: