CAST / GAL

Avante!
María Josefa Souto, 44, Caldas de Reis

Outra sacudida. Aínda ben non se recuperara das desgrazas pasadas, e xa tiña outra enriba. Unha batalla máis coa que loitar.
Lembraba agora o soño que se repetía unha e outra vez cando era cativa; sempre subindo aquela esqueira hasta que ao chegar ao derradeiro chanzo, perdía o equilibrio e caía ao chan.
Seu pai sempre lle dicía: “Todos os soños queren dicir algo”. Pensaba agora Adela que, se cadra, ela ía ser quen de voltar a subir aquela esqueira. Non importaba cantos atrancos aparecesen, ó día seguinte, estaría avanzando de novo cara os seus obxectivos.
Compartir: