CAST / GAL

Soños eternamente compartidos
Carmiña do Capote, 37, Novo Mesoiro, A Coruña

Aqueles que devolven a igualdade arrincada polas mordazas da censura e do credo. Onde a muller non pide ser máis que o home e abonda xa de pensar que é menos!
Aqueles que unen xeracións orgullosas das súas raíces que loitan contra o maltrato continuado da nai Galicia.
Aqueles que esnaquizan barreiras no nome dun sentimento. Conseguen que importe o amor e non o sexo das persoas que se queren!
Aqueles que comparten a importancia do galego como sinal de identidade. Fan valer a nosa lingua a diario!
Realmente son todos soños compartidos a conquistar cos ollos ben abertos!
Compartir: