He participado en #GadisMicrorrelatos | Microrrelatos Gadis
CAST / GAL

Celaena, 24, Vigo

Sacábame de quicio, cada vez que viraba estaba detrás, molestábame, apoiábame, mesturábame a sopa con chocolate, a súa comida sabía a raios pero escoitaba os meus problemas e xamais me falou dos seus, sempre ó meu lado, moitas foron as veces que tivo que recollerme e arranxarme.
Dando o mellor sen importar se o merecían ou non, quen dá moito é porque é moito, lin que ninguén dá o que non ten, e outra vez pensei nel.
Agora vírome e non o vexo, búscoo, non o atopo, soñoo pero esperto e non está.
Nunca me sentín tan soa.
Extráñote papá.
Compartir: