CAST / GAL

Sonhadora
Ana, 14, Burela

Entro na biblioteca e véxoa nunha mesa. Un vestido vermello. Unha face dourada. Uns ollos profundos.

Non sei como se chama. Só me dixeron que fose alí e buscase a unha rapaza cunha cabeleira negra. Chamáranlle “A Soñadora”, porque dicían que estaba sempre ollando ao infinito, soñando.

A min recordábame á sonhadora, unha planta do Amazonas. O seu vestido era da cor dos pétalos e a súa face era coma o pole.

Teño que admitir que era fermosa.

Pero eu non debía esquecerme da miña misión: pedirlle perdón en nome doutros, que lle fixeran dano e que se arrepentían.
Compartir: