CAST / GAL

Nai
Loaira Cortés, 23, Portonovo

Outra vez cambiara a fechadura pola paranoia dos ladróns. A nena presionaba o seu índice contra o botón do telefonillo, coa fronte engurrada do esforzo. Trrrrrrrrring. A choiva escorríase pola saia e o floco pegábaselle á cara.

Estaba afeita a agardar. Sempre agardaba, inda que o aborrecese.

Cando non daba sinais de vida saltaba o muro e atravesaba a porta como pisando ovos, coa tensión na garganta, mesmo con medo de que se enoxase se advertía a decepción nos seus ollos. Inda que, nese caso, sabía que as pernas non lle tremolarían e iso... facíalle sentir capaz de calquera cousa.
Compartir: