CAST / GAL

O día
JaviP77, 44, Bertamiráns, A Coruña

Achégaste á porta con decisión, mais de súpeto, dache medo abrila. Dache medo que do outro lado só haxa un baleiro. Dache medo que ninguén agarde por ti.
Arranxas a roupa fronte ó espello de columna. Axustas a garabata e enches os pulmóns de aire. Pechas os ollos e tiras da porta.
E abres os ollos amodiño.
E aí está ela envolta en cor turquesa, cun fermoso ramo de xirasois na man.
E está sorríndote con ledicia, mirándote con paixón, agardándote con desexo.
Tivéchedes o mesmo soño e fixéchedelo realidade.
Compartir: