CAST / GAL

No mar de incerteza
Lucía Senande, 20, Zas, A Coruña

Soñar non é máis que un acougo no mar de incerteza no que vivimos. Moitos pérdense entre augas salgadas e doces. Agárranse a algo sen base nin cabeza polo simple feito de pensar que se cumprirá. Soños. Certezas. Verdades e mentiras.
Soñar non é máis que labia das persoas que teñen medo a arriscar. Debemos aprender a xogar, a triunfar e a gañar; mais, tamén a fracasar, derrubarse e volver a embarcar.
Soñar só implica manterse no esquezo do océano de dúbidas ao que estamos acostumados.
Levántate. Nada e consigue todo aquelo que te propós sen medo a perderte.
Compartir: