CAST / GAL

Máis alá da túa imaxinacion
Laura, 34, Ourense

A miña mente estaba valeira. Nela non había pensamento algún ata que lembrei aquel recordo daquela viaxe a un lugar maravilloso co que sempre soñei. Cando pisei o chan e vin aquel lugar comprendín que todos os meus soños e imaxinacións non se correspondían co que vira a través de cartas e postais, que só era un pensamento que me levaba a outro mundo. Pero había unha cousa que non era fantasía, unha caixa vermella que describía os parques da cidade e un en especial, ao que sempre quixen ir. Velo, foi unha das maiores lembranzas que trouxen daquela viaxe.
Compartir: