CAST / GAL

Areas
Lima, 36, Carnoedo

Finalista

Descalciña pola area…movíase de xeito torpe a loiriña de dous anos…removendo o mar cos pés…achegábase e escapaba a cada tempo que una onda chegaba. De súpeto berrou por min: ¡mamá!
Abrín os ollos e souben que estaba nun soño. O sol pegaba forte na area, a marea estaba a subir. Despreguiceime e toquei a miña barriga de sete meses para corroborar que seguía ahí. Xa queda pouco, pequena, para que deixes de soñar e poidas remover a área cos pés.
Compartir: