CAST / GAL

Agosto
Parada e Pereiro, 26, Betanzos

Soño ca miña nai cantándome a do loureiro verde pra me durmir, e daquela caio rendida, coma os días despois da praia, coma cando eras nena e chegabas da verbena, e ule a salitre, ás moras das silveiras mornas polo sol, ule a tormenta de verán. Esperto e o loureiro non é verde, non hai moras nas silveiras, ule a queimado e todo o que vexo é un cartel que di “Pechado por vacacións”.
Compartir: