CAST / GAL

Na próxima vida
Manuel J., 53, Oleiros, A Coruña

Sendo neno soñei que ía ser o mellor futbolista do mundo. Gañaría moitos cartos e compraríache un rañaceos.
E dixencho.
Algúns soños non se cumpren, ás veces os mellores, os máis importantes. Quizáis é porque non se soñan ca suficiente intensidade.
Agora son un vello, e durmo mal. E ti xa só apareces no teu corpo de cando en vez.
Cando non durmo, viaxo cara atrás e conclúo que é porque deixei aquel soño pendente.
Pero escoitame, mamá, escoitame ben. Na próxima vida vouno soñar moito, moito, moito máis forte, ata que se cumpra.
E así, quizáis despois durma ben.
Compartir: