CAST / GAL

Regusto nordés
Aurora, 21, Arteixo

Finalista

—Dime pois, quen che rouba o alento? —quixo saber o Vento.
—Sempre o Mar —respondeu o Ceo.
—Por que? —soltou o Vento.
—Embravécese sobre as rochas. É libre, encheo todo.
<> pensou o Vento, que tras acariciar ao Ceo virou apenado, pois este nunca sabería que era el o que axitaba o Mar con tal de ver ao Ceo rir, o que movía as nubes para que lucisen así as súas estrelas.
Foise así o Vento, deixando unha tenue brisa tras de si, un leve susurro de amor que ninguén escoitaría.
Compartir: