CAST / GAL

A vida en soños
María Josefa Souto, 44, Caldas de Reis, Pontevedra

Soñei que me erguía. Poñía as mans nos repousabrazos da cadeira de rodas e volvía ver o mundo desde arriba. Botaba un pé e logo o outro. Camiñaba.
Soñei, Miña Rula, que corría tras de ti xogando á pilla mentres te escoitaba rir ás gargalladas.
Canso xa, sentei nunha rocha. Os gaiteiros que amenizaban a festa estaban xa preto. Os teus folgos inesgotables fixeron que te achegases a min, e estendendo as túas mans invitáchesme a bailar contigo a Muiñeira de Chantada.
Agora estou esperto, recreándome no meu soño e agardando a que sexa noite para devolverte á vida.
Compartir: