CAST / GAL

Primeiras veces
Meritxell Aguión, 28, Boimorto

Finalista

Cara onde imos? Que viña facer eu aquí? Que estuda o meu neto maior? Todos os días son un comezo na miña vida. Todos os días volvo aprender quen son e a quen teño ao meu arredor. Frústrame esquecer cada momento onde teño o teléfono e, ás veces, mesmo como se usa. Vivo nun inicio constante. Todas son primeiras veces. E chegará un día no que non poida iniciar e non saiba, nin sequera, darlle significado á palabra "Alzheimer". Con todos os inicios que estou a vivir, é duro pensar que só haberá un final.
Compartir: