-750.000
Sito P., 69, Cangas
–750.000
Aspirou con forza coa intención de volver encherse daquel ulido tan novo e característico ao tempo. Con moita precaución foi achegando a man ao tenue resplandor que fixera o seu niño no pequeno mollo de palla seca. Retirouna de contado, cando sentiu algo parecido á picadura dunha silveira. Ceibou un apagado laio de dor antes de levar o dedo mostreiro á boca. Escoitou entón a súa nai.
–Aur, aaio uu aben oo las, boo aaaei iiu ius dee muar!
(–Neno, deixa de enredar cos seixos, que aínda vas machucar un dedo!)