CAST / GAL

Camiñando pola vida
Nucho de Terceiro, 66, A Estrada

Para cambiar a miña rutina, decidín camiñar case sen parar e descubrín igrexas con amplos muros e altos campanarios, tan ostentosas e a veces dentro con algún que outro listo, polo que seguro que ahí non estará Xesucristo. Descubrín nas zonas rurais a mesma xente nobre e traballadora de sempre. Descubrín que o mellor GPS está no meu corazón, e a mellor dirección é a miña improvisación. Descubrín que camiñando podo falar co vento e co sol, e que me podo enfadar coa choiva. Descubrín sinais sucias e oxidadas imposibles de ler. Adeus xentiña, que quero seguir camiñando...
Compartir: