CAST / GAL

O Canto do Cuco
Colopana, 67, Santiago de Compostela

Cando eu era nena o canto do cuco marcaba o inicio da primavera. Por aquel entón sentíao cantar na miña casa, dende as primeiras horas do día ata que o sol se poñía, cousa que agora e misión imposible. Miña mamá contábame un refrán, que dicía: "Cando ven o cuco, aquela mala ave-, cando ven o cuco, tamén ven a fame", porque se acababan todas as reservas do inverno. Pero para min era o inicio da primavera, era a época máis fermosa da miña infancia, sentir o cuco e voltar cada primavera a ser nena.
Compartir: