He participado en #GadisMicrorrelatos | Microrrelatos Gadis
CAST / GAL

O príncipe invisible, 23, Santiago de Compostela

O blues da sección de conxelados

Camiño a través do val da morte, entre as cousas de boleira e a balda das patacas fritas. Non temerei ningún mal porque non levo máis de cinco chavos, e miña nai quere que compre merluza rebozada para cear.
A compaixón e a piedade que me acompañan todos os días da miña vida que non me abandone agora, pois o camiño de ida e doado, pero ao pagar sei que estará alí. Ao lado da caixa, a agardar por min, a que caia e fuxa do meu deber; o camaleón das galletas de chocolate.
Compartir: