CAST / GAL

Alumando a noite
Valle, 35, Ortigueira, A Coruña

Nunha cálida noite estival busquei un lugar escuro e afastado no souto para tentar ver a choiva de estrelas. Necesitaba que o intenso brillo dos astros iluminase tamén as miñas tebras. Arroupada cunha mantiña de la aos pés dun castiñeiro, sen querer quedei durmida. A falta de luceiros celestes, nos meus soños apareceron alumando a copa da árbore que me acompañaba milleiros de vagalumes implorando que coidemos a natureza para que eles poidan regresar.
Compartir: