CAST / GAL

Dende o muro de pedra…
Rubén, 46, Ourense

Teño por costume observar ás persoas. Son escurridizo. Certo. Mais as vegadas penso que nin siquera reparan en min. Coma aquel rapaz que vin a outra noite tra-la ventá da única casa do pobo que linda cá igrexa. Acudín enfeitizado pola tristura da lúa vella. Vino rebulir nos caixós coma quen fuxe temeroso da Santa Compaña. Unha carta apareceu en escea…

—Myriaaaammm!!

Cada letra do seu nome envolta nunha ducia de bágoas… Os soños de senti-la ó teu redor… Aquela carta, racháraos… Se existiron, esnaquizáronse…

Brinquei do muro embaixo. En noites escuras coma esta, louvada sexa miña alma de gato…
Compartir: