CAST / GAL

Carmeliña
Bico, 30, Santiago de Compostela

Enzóufame os beizos con amoras para pintarche os bicos que sempre nos demos. Arróloche as lembranzas no berce de mimosas mentres che conto como mirei polos meus dereitos fronte á vampira, a sombra do machismo.
Préstame cando tronzas inxustizas. Ámate nos caraveis da túa sensibilidade e aloumiña esa mirada rabuda.
Lembras cando cocía a broa?, segue enfariñándote de afouteza. Fas que o amor me regueifee nas entrañas, xa aprendín nos retrousos da roda da vida e porfiei ca limacha da vellez.
Ámote sempre, miña neta. Sóñote chea, ceiba e agradecida.
Compartir: