CAST / GAL

RECORDOS ESQUECIDOS
MANEL, 63, ORTIGUEIRA

Por fin atopei onde estaban agochados os recordos, a colección de pequenas vivencias que xuntas moldearon a miña vida; din con quen as roubara, ou pode que as colleras prestadas para me as devolver máis tarde, mais aliñadas para lles dar outro sabor, máis doce e penetrante e cunha pátina de cores coas que varrer o monocromo gris no que ficaban instaladas había ben tempo. Neste lugar e na túa compaña volvo a vivir.
Compartir: