CAST / GAL

Sumerxida no teu ollar.
Xoana Margolis, 34, Santiago de Compostela

Finalista

Descubrir.
Fermosa verba de tres sílabas que se fai complexamente máxica cando abres a fiestra, sacúdeste a ferruxe e o fresco do vento asolaga a estancia.
As cortinas abanean como danzando e semella que o meu lapis tamén quere brincar.
No meu lenzo en branco marco trazos, sorrisos.
No meu caderno escribo o que nas utopías me fai divagar.
Ese gran descubrimento que coas contras pechadas non fun quen de acadar.
Mais alí estaba... O teu ollar.
Compartir: