CAST / GAL

Espertar na vida
Guio, 18, Boiro, A Coruña

Ergueuse abatido esa mañá, algo confuso con todo o barullo que acabara de soñar. Demasiadas cousas. Unha lástima que de todo ese contido se esquecera un 99% en menos de dous segundos. En menos do que dura un pestanexo, xa non había tempo de cavilar en nada. Rubén pensaba moito; nos seus pais, en Ana, no traballo, nos seus amigos, no futuro... Si, sobre todo no futuro. Nos soños iso non pasaba. Non se angustiaba, o rumbo marcábao el. Algo tan bonito no que despois non poder afondar. Rubén aos 38 anos cansárase de pensar, quería espertar, quería soñar.
Compartir: