CAST / GAL

Cálidos invernos
Unha soñadora, 21, Marín

Entre algodóns, chégame o cheiro do cocido que a miña avoa preparaba os fríos domingos dun inverno que fai anos que rematou. O meu avó rise dun chiste que saíu dos meus beizos e xa esquecín, un son que ilumina un día de nostálxica choiva. Mentres a miña avoa serve a comida, miña nai sorrí como fai tempo que non vexo e pásame un anaco de pan que eu mollo con esmero no prato. Cando o mordo, multitude de sabores de domingos pasados asoláganme e fanme inmensamente feliz.
Esperto con recordos nos beizos, unha alegre tristeza e bágoas na almofada.
Compartir: