CAST / GAL

O ronsel
@berrandopoesia, 22, Moeche, A Coruña

Sempre que me deito e non consigo durmir polos dardos envelenados que me crava a conciencia na memoria, procuro crear o meu propio soño. Un lugar onde plasmar os meus anhelos, as miñas frustracións. Quero un fogar creado só para fuxir da realidade.
Comezo a visualizar unha vida na que podo existir de novo. Todo volve ó inicio, teño dezasete anos e toda unha vida por diante. Vellas decisións, innumerables camiños, todos felices. Todos libres dunha mente acosada pola enfermidade, cansada de xirar no desasosego.
Mais o mirar atrás so vexo o ronsel nun mar que se afasta.
Compartir: