CAST / GAL

Cada tarde ás seis
Merce, 27, Vigo

Pip, pip… pip, pip, pip. Pip… pip.
—Tícket para o aparcadoiro? Bolsa precisa? Anda, Xulio! Case non me decataba. Canto tempo sen che ver, xa hai que non viñas por aquí. Pasaches por peixería? Tes que saudar a Carme. Mira, xusto o outro día preguntabámonos por ti. Claro, sempre vés á mesma hora todos os días, estabamos afeitas xa, e vas e desapareces. Pois alégrome, alégrome que fose por unha viaxe. Aquí tes un euriño cincuenta de volta.
—Grazas, Marta. Tan amable e leda coma sempre.

Que fermoso descubrirnos!
Compartir: