CAST / GAL

-
Soray Aura, 39, Narón

Alí estaba ela, enraizando as plantas dos seus pés á terra. Unha terra fértil que a sostiña a cada paso que daba. A súa mirada dirixida ao chan e o seu pelo movéndose co vento, ansiaba un cunco para encher aquilo que pertencía ao interior da súa alma. Falta de conciencia, no seu interior alimentaba a súa sombra e a súa luz. Un fermoso reflexo emanou do tronco dunha cerdeira. Veu a súa cara nel e descubriuse de novo a si mesma, o seu verdadeiro ser, a súa verdadeira alma, renunciando á súa armadura e á súa espada por sempre.
Compartir: